O concello de Boiro producirá cinco novas curtametraxes

    BOIRO > O Departamento de Cultura do concello de Boiro puxo en marcha  un curso monográfico sobre dirección de curtametraxes. Este iniciativa verase completada con outros de guión e interpretación que posibilitarán a producción por parte do concello de cinco novos traballos audiovisuais neste ano 2006.

    O concello de Boiro dende hai varios anos fai unha aposta forte polo audiovisual. Proba diso foi a posta en marcha do Plan Audiovisual Municipal, no que están implicadas entidades como o Consorcio Audiovisual de Galicia, a Dirección Xeral de Comunicación e a Consellería de Cultura, así como empresas deste sector como poden ser Mr. Misto Films, Galería Artefacto ou Matriuska Produccións.

    A primeira pedra deste gran proxecto foi o inicio dun curso monográfico sobre dirección de curtametraxes, ó que seguirán outros como o de guión ou o de  interpretación que posibilitarán a producción por parte do concello de cinco novos traballos audiovisuais neste ano.

    O concelleiro de Cultura tamén amosou a súa satisfacción porque a TVG vén de adquiri-los dereitos de tres das catro curtametraxes realizadas polo concello durante o pasado ano para a súa emisión no programa onda Curta. Trátase dos traballos ‘O Boiro’, de animación en plastilina, o videoclip do grupo local Supersandwich e ‘A crise da pesca’ de Omar Rabuñal.

    Redacción Barbanza