Ciudadanos aposta por un proxecto de futuro para Boiro

BOIRO> Co obxectivo Vintemil arranca a campaña de Cidadáns Boiro que se fixa acadar esta cifra de poboación nos próximos anos. Carlos Rodriguez presentou esta e outras liñas do seu programa nun concorrido acto celebrado esta fin de semana na casa da cultura.

Os bos resultados obtidos pola formación laranxa a nivel nacional animan ó candidato boirense a pensar nun futuro con importante presenza de Cidadáns a nivel municipal . Así o explicou Carlos Rodriguez Muñiz no acto de presentación da súa candidatura no que estivo acompañado por tódolos membros que integran a lista. O seu proxecto pasa por mellorar os servizos e favorecer o asentamento de poboación, logrando que Boiro supere a barreira dos 20.000 habitantes. Por outra banda, dende Cidadáns fan un aposta clara por mellorar a transparencia a nivel municipal criticando así o xeito de facer política do Partido Popular no goberno nos últimos catro anos.