O comercio de Ribeira repartirá este Nadal 7500 euros en premios

RIBEIRA> A necesidade de recuperación do comercio local levou ó concello de Ribeira a incrementar a contía destinada á campaña de Nadal organizada pola asociación de empresarios. Serán 7500 euros repartidos en vales de compra os que se sortearán entre os preto dun cento de locais comerciais e hostaleiros que se sumaron á iniciativa. Os compradores recibirán unha participación por cada dez euros de gasto coa que entrarán no sorteo que se celebrará o 11 de xaneiro.

Para facilitar o desenvolvemento das compras, os establecementos repartirán tamén bonos de aparcamento para as persoas procedentes das parroquias e doutros concellos que precisen estacionar no casco urbano mentres realizan as súas compras. Esta campaña verase complementada coa posta en marcha dos bonos para o comercio que lanza o concello. Poderanse solicitar a partir de mañá na páxina amaribeira.gal para obter descontos de dez euros por cada trinta de compra ata un máximo de trinta euros de des conto por cada cidadán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí