As receitas máis saborosas ó alcance de todos

    RIBEIRA > O Hotel Restaurante Punta Couso de Ribeira celebrou este xoves un orixinal ‘Escaparate de Cociña’ para dar a coñecer as especialidades da súa cociña. O evento, que contou coa presenza de numerosos representantes das entidades públicas e privadas do municipio, consistiu nun almorzo tipo bufé seleccionado polo cociñeiro xefe do restaurante, composto por algunhas das receitas máis suculentas da súa carta.

    As súas instalacións, conformadas por tres edificios rústicos do século dezaoito e emprazadas no privilexiado entorno do Parque Natural de Corrubedo, non son o único atractivo que o Hotel Restaurante Punta Couso pode ofrecer ós seus clientes. O establecemento conta cunha variada e ampla gama de especialidades gastronómicas que pudieron degustar os asistentes ó escaparate de cociña que tivo lugar este mediodía.

    O menú consistiu nunha selección de diversas especialidades escollidas polo cociñeiro da casa, entre as que se atopaban receitas tan exquisitas como o salpicón de centola, langostinos empanados, rabo de touro. E como en todo bo menú que se precie non podía faltar o postre, composto nesta ocasión por xeado de chocolate aderezado con mel de laranxa.

    Ademais destas suculentas receitas, Punta Couso ofrece moitas máis especialidades na súa carta, ademais de bo trato e acolledoras instalacións; todo elo, nun incomparable entorno natural. Os interesados en desfrutar dos seus servizos poden consultar máis información na súa páxina web www.puntacouso.com.

    Redacción Barbanza