Ribeira ofrece os mellores agasallos no seu Mercado de Nadal

RIBEIRA> Un total de dezaseis postos integran o mercado de Nadal instalado na Porta do Sol de Ribeira. Ofrecen ó visitante artesanía e produtos típicos así como unha zona infantil na que se desenvolven obradoiros. Permanecerá aberto ata o cinco de xaneiro.

O ambiente navideño que se respira polas rúas de Ribeira ten este ano un atractivo máis co novo mercado de Nadal  que se instalou na Porta do Sol. Unha quincena de postos ofrecen ó visitante ideas orixinais para agasallar nestas datas.

Ademais dunha ampla gama de artigos, o mercado conta ademais cunha zona infantil na que se desenvolven obradoiros de adornos de Nadal con material de refugallo durante as mañás.

A organización deste mercado é unha aposta do concello para incentivar as vendas no pequeno comercio. Polo momento, o temporal non favoreceu a afluencia de público aínda que os comerciantes confían en que as vendas comecen a repuntar.

Permanecerá aberto en horario de once a dúas e de catro a nove ata o cinco de xaneiro, agás o día un que pechará as súas portas.