RIBEIRA> O concello de Ribeira presentou 5 propostas alternativas para o emprazamento da futura residencia. A Consellería de Política Social reservará unha partida dun millón de euros nos próximos orzamentos para iniciar o procedemento que permita dotar ó municipio dun servizo tan necesario.
Un total de cinco alternativas de terreos, todos eles clasificados para equipamento no plan urbanístico. Esta foi a proposta inicial do concello de Ribeira á Consellería de Política Social para avanzar no procedemento para dotar ó municipio dunha residencia.
Agora serán os técnicos de Política Social os encargados de avaliar as propostas para decidir a que mellor se adapta ás necesidades da futura residencia, para a que a Xunta reserva unha partida dun millón de euros con cargo ó orzamento de 2026 que permitirá iniciar a tramitación previa á licitación do proxecto.
Segundo a alcaldesa, a presentación destas propostas pon de manifesto o compromiso do novo executivo para reactivar infraestruturas que levaban tempo paralizadas, retomando o diálogo con outras administracións e deixando atrás a división.











