A Pobra promove unha limpeza na praia da Corna para o domingo 28

A POBRA> O concello da Pobra presenta a campaña Agora é o momento! A proposta prevé unha acción medioambiental na praia da Corna o vindeiro domingo 28 de marzo.

A campaña baixo o título Agora é o momento! consistirá na retirada manual de lixo na praia da Corna. Levarase a cabo o domingo 28 de marzo.

A actividade céntrase na mellora do contorno natural e nas zonas de costa. Retirando aqueles residuos que o mar devolveu á praia durante o inverno.

A selección deste areal non foi ó chou. Escolleurse pola necesidade de retirar os residuos antes da época do aniñamento da píllara das dunas, que se produce nos primeiros meses da primavera.

Por cuestións de prevención sanitaria fronte á covid, para participar nesta iniciativa requírese inscrición previa obrigatoria cun límite de 20 prazas. O prazo para anotarse estará aberto ata o día 24 no teléfono do Concello: 981-84 32 80, ou no enderezo electrónico voluntariadopobradocaraminal@gmail.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí