Os maiores de Boiro tamén celebran o Entroido

    BOIRO > A Asemblea Local da Cruz Vermella de Boiro celebrou este xoves unha festa de disfraces para os participantes no Taller de Memoria da Terceira Idade que promove a entidade. Os asistentes luciron os disfraces deseñados por eles mesmos durante o Obradoiro de Entroido que se desenvolveu ó longo deste mes no Centro Social boirés.

    Preto dunhas 30 persoas asistiron a este encontro interxeracional no que a orixinalidade dos atuendos puxo a nota dominante. Os disfraces foron elaborados polos participantes no Taller de Memoria con material de refugallo, cartulinas, plumas, bolsas de plástico e todo tipo de obxectos reciclables serviron como materia prima para confeccionar os disfraces que tódolos participantes luciron cheos de orgullo.

    O taller divídese en catro grupos repartidos nas parroquias de Bealo, Cabo de Cruz, Escarabote e Boiro. Cada un deles elixiu o seu modelo polo que a diversidade de traxes foi o máis destacado.

    Ó remate da festa tivo lugar tamén unha degustación de orlleas e filloas elaboradas polos propios participantes para poñe-la guinda a este obradoiro de entroido.

    Redacción Barbanza