Adxudicada a reforma de varias rúas na Amarella para mellorar a súa accesibilidade

RIBEIRA> O Concello vén de destina preto de cen mil euros á reforma de varias rúas na zona de Amarella. Ademais da renovación do firme e dotación de servizos, o proxecto permitirá mellorar a accesibilidade mediante a implantación de plataforma única.

As rúas Padre Feijóo e Arcebispo Xelmírez, situadas no barrio da Amarella, serán obxecto dunha fonda reforma. O concello de Ribeira vén de adxudicar a pavimentación e renovación de servizos en ámbalas dúas vías. Ademais da implantación de plataforma única procederase á instalación da liña de abastecemento e rede separativa de saneamento.

A actuación conta cun orzamento de máis de 90 mil euros con cargo ó POS provincial. O prazo de execución é de tres meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí