Chegan as primeiras sancións por non respectar o estado de alarma

BARBANZA> Unha das primeiras medidas tomadas polo Goberno Central foi decretar o estado de alarma. Durante as próximas semanas as saídas á rúa estarán restrinxidas e controladas polas forzas da orde, limitándose a cuestións de primeira necesidade como poden ser a compra de alimentos e medicinas, ou acudir a traballar.

O medo ante un posible contaxio e tamén as sancións que poidan impoñerse a aquelas persoas que incumpran as medidas adoptadas fai que moitos opten por quedar na casa e saír o menos posible, naqueles casos de primeira necesidade. Pero que é o que se poderá facer durante estes, en principio, quince días? Poderase saír a comprar alimentos, produtos farmacéuticos, ir ao médico ou ó traballo. tamén se poderá ir ó banco ou tamén pasear á túa mascota. Aínda que esta deberá facerse de forma individual. Non se poderá saír á rúa a pasear ou a facer deporte nin tampouco saír ó parque. Poderá circularse en vehículo pero só para realizar actividades como facer a compra, ir ao médico ou ó traballo, ou mesmo repoñer combustible nunha gasolineira. Os bares e cafeterías estarán pechados e só poderán ter actividade se ofrecen o servizo de comida para levar, e en ningún caso permitir o consumo de alimentos e bebidas no seu interior. Tamén estarán pechadas as perruquerías, aínda que nun principio se optara por mantelas abertas.

poderá irse a comprar o xornal, a un estanco ou a ópticas e ortopedias. Tamén se permitirá acudir a tendas de alimentación e mascotas, e tamén a tinturerías e tendas de servizos informáticos, que tamén permanecerán abertas. O transporte público tamén funcionará con normalidade.

Aínda así hai xente para todo. Quen cumpra e quen non. Pero para estas últimas as sancións ás que poderían enfrontarse por infrinxir a norma van dende unha multa de cen euros ata un ano de prisión no caso de resistencia ou desobediencia grave.