RIBEIRA > O Tenente-Alcalde de Ribeira e Voceiro do Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, vén de presentar unha moción para o seu debate na vindeira sesión plenaria solicitándolle á Xunta e á Deputación Provincial da Coruña unha partida presupostaria para axudar, tanto a particulares como a empresas e ás administracións locais, polos danos producidos a causa do temporal.
Segundo Manuel Ruíz a pasada fin de semana Ribeira ó igual que a comarca do Barbanza e o resto de Galicia foi azoutada por un temporal de chuvia e vento que causou importantes perdas materiais no municipio.
Para el a diferenza doutras ocasións, os avisos previos foron escasos, insuficientes e non axudaron a tomar precaucións polo que en toda a costa galega, pero principalmente en determinadas comarcas das Rías Baixas, entre as que se atopa Ribeira, producíronse cuantiosos danos materias en vivendas, tellados, muros e instalacións eléctricas, así como tamén houbo perdas cuantiosas en diferentes empresas.
A consecuencia do temporal tamén foron danadas estradas e camiños veciñais, xardíns públicos e outras propiedades do concello e a súa reparación supón un importante gasto para as arcas municipais.
Por esta razón vén de presentar unha moción para o seu debate na vindeira sesión plenaria para instar á Xunta de Galicia e á Deputación Provincial da Coruña a que se habilite unha partida presupuestaria para axudar, tanto a particulares como a empresas e ás administracións locais, polos danos producidos a causa do temporal.
Redacción Barbanza