BOIRO> A Audiencia Provincial da Coruña vén de ratificar a absolución do ex-xefe da Policía Local de Boiro por un delito de malversación relacionado coa compra irregular de uniformes e outro material para o corpo.
A sentenza confirma así o sobresemento provisional da causa decretado polo xulgado de Ribeira o pasado ano e desestima o recurso de apelación presentado polo concello de Boiro.
A administración local alegaba que a resolución xudicial non se axustaba ó resultado da investigación interna e das dilixencias practicadas segundo as que, entendían, quedou acreditada que o acusado adxudicaba os servizos sen remitir informes ó concello.
Sen embargo, o tribunal entende que non pode atribuírselle a comisión dun delito ó non estar documentado o seu grao de implicación polo que decreta a súa absolución. A sentenza é firme polo que non cabe recurso e o concello deberán asumir as costas da apelación.











