O concello pretende a construción dunha senda peonil entre as praias das Cunchas e o Porrón

    RIANXO > O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, informou da boa marcha das xestións para a construción dunha senda peonil que una as praias do Porrón e  as Cunchas. Na actualidade técnicos do propio concello atópanse realizando o estudo parcelario da zona para dar co paradoiro dos propietarios dos terreos afectados.

    Despois de coñece-lo nome dos propietarios das parcelas afectadas por este proxecto que unirá a través dunha senda peonil as praias do Porrón e  as Conchiñas, o executivo rianxeiro deberá entabla-las pertinentes conversacións cos donos das fincas para que posibiliten a realización da actuación.

    O rexedor rianxeiro confía na boa disposición dos veciños, polo que o proxecto sufragado na súa totalidade polo Ministerio de Medio Ambiente a través da Demarcación de Costas en Galicia, podería iniciarse a finais de ano.

    Redacción Barbanza