Investigan o roubo da imaxe do Cruceiro Novo na Pobra

POBRA> A Garda Civil investiga o roubo da imaxe dun cruceiro existente na parroquia de San Isidro. A peza, de gran valor patrimonial, está catalogada, e data do século dezaoito ou anterior.

Unha denuncia veciñal foi a que puxo en alerta á Policía Local que se achegou ó lugar para investigar a desaparición da imaxe da virxe deste cruceiro de capela situado en Cruceiro Novo, na parroquia de San Isidro. A figura roubada ten un gran valor patrimonial, está catalogada e data do século XVIII ou anteriores.

Dende o Concello lamentan este tipo de feitos, que por desgraza non é a primeira vez que acontecen. Hai uns meses desaparecía tamén outra imaxe, neste caso de San Xoán Evanxelista, da casa de Casto Dios.

A Garda Civil xa realizou o correspondente informe e está sobre a pista para tratar de dar co paradoiro da imaxe.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí