OUTES> O concello de Outes insta a Telefónica a non retirar a liña de cobre naqueles núcleos cun deficiente servizo de telefonía móbil. En paralelo, está a desenvolver un plan de despregamento de antenas e de fibra para as zonas con maiores dificultades de conexión.
Preocupación en varios núcleos do concello de Outes ante a decisión de Telefónica de retirar a liña de cobre antes de abril do ano que vén. De ser así, algunhas aldeas como Cabanamoura que xa contan cunha conexión de internet e de telefonía móbil deficiente, quedarían practicamente sen acceso a este servizo.
Dende o concello xa se dirixiron á compañía para que non deixe sen servizo a este e outros núcleos como Carleo, Moledo ou a zona de San Cosme. Instan tamén á administración competente en materia de telecomunicacións para que tome cartas no asunto.
En paralelo, o concello traballa tamén nun proxecto con en colaboración con AMTEGA para o despregamento de antenas de telefonía móbil para evitar a desconexión dixital dalgunhas zonas que permanecen en sombra.











