Vilagarcía acolle por primeira vez a VII Feira da Construcción do Atlántico MTC

    VILAGARCÍA > O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, retomaba en VIlagarcía a súa axenda oficial tras disfrutar da primeira baixa por paternidade dun alto cargo autonómico. Facíao na inauguración da Sétima Feira da Construcción do Atlántico MTC, Materiais e Técnicas de Construcción en Fexdega.

    Este salón, de periodicidade bienal, representa unha oportunidade única para coñecer as últimas novidades do sector da construcción, con máis de 600 firmas representadas. A Feira rematará o domingo 5 de marzo.

    O vicepresidente da Xunta era o encargado de presidir a inauguración de MTC, a gran feira da construcción de Galicia, tanto polo número de expositores como de visitantes. Nesta sétima edición, que pasa de celebrarse en Vigo a Vilagarcía pola súa importancia estratéxica no eixo Coruña- Lisboa, triplícase a superficie do recinto de Fexdega, habilitando unha carpa exterior e outro espazo cuberto para a maquinaria pesada. MTC ocupa uns 20.000 metros cadrados con firmas procedentes na súa meirande parte do eixo Galicia- Portugal, anque tamén hai expositores doutros puntos de España e de países como Francia, Reino Unido, Italia e Estados Unidos. O alcalde vilagarcián destacou a feira porque priorizaranse os obxectivos cos que se debe traballar no sector da construcción.
    Pola súa banda, Anxo Quintana falou do Plan de Vivenda posto en marcha polo organismo autonómico e tamén de GALICIA SUMA, un proxecto presentado polas Consellerías de Innovación e Vivenda co que se pretende acadar a vertebración económica e empresarial do país por medio dunha estratexia integral e coherente do solo empresarial galego. Para eso, será necesaria a colaboración de cada concello.

    O salón reúne tódalas novidades actuais do amplo sector da construcción: maquinaria, obra e pedra, tratamentos exteriores, proteccións, etc. Paralelamente á exposición, celebraranse mañá unhas xornadas técnicas que servirán para coñecer, por un lado, os cambios no sector e as novas solucións constructivas derivadas da entrada en vigor, o próximo mes de xuño, do Código Técnico de aplicación directa en España. Noutra sección, abordaráse o novo reto que supón a construcción sostible, centrada non so na introducción de elementos como placas solares, senón tamén outros aspectos como os muros e orientación das vivendas ou os illamentos térmico- acústicos.


    Redacción Salnés