VILAGARCÍA > O SEDA, o Salón Erótico do Atlántico, ocupará Fexdega a finais de marzo e convertirá a Vilagarcía no referente do erotismo español. Durante catro días o recinto feiral contará cunha ampla oferta de actividades e productos. O máis innovador: unha zona de sexo en vivo.
Vilagarcía acollerá os días 30 e 31 de marzo e 1 e 2 abril a primeira edición do Salón Erótico do Atlántico, convertíndose no referente do erotismo no panorama español, á altura doutros eventos de renome internacional como o de Alemaña, Los Ángeles ou Bruxelas. O director artístico do evento destacou o obxectivo de SEDA.
En Fexdega daránse cita 50 expositores representando a máis de 150 firmas. O acceso estará restrinxido ós maiores de 18 anos e a zona de sexo en vivo non será de visita obrigatoria. Desta forma os organizadores pretenden que todos os visitantes teñan dereito escoller qué queren ver. Queren que prime o ambiente cómodo, distendido e divertido e que o sexo deixe de ser un tema tabú.
Evita de Luna, que acaba de recibir un premio como mellor actriz erótica en Bruxelas, é a imaxe de SEDA e destacou a importancia da celebración destes salóns lonxe de grandes cidades.
Tamén se poderán ver películas, lencería erótica, libros temáticos, música rock en directo, un set fotográfico no que os visitantes poden fotografarse xunto a actrices internacionais ou un casting na procura de novas promesas. A idea é que as actividades se sucedan de forma ininterrumpida. A entrada custará 20 euros.
Redacción Salnés