‘A proposta contiña unha serie de mentiras e veuse no pleno’

    psoe_villacopy.jpgSALNÉS> Así explicou esta mañá o alcalde da Illa a abstención do PSOE na votación do acordo para a compra dos terreos para a ampliación do Hospital.

    {flowplayer}images/salnes/TERREOS_HOSPITAL_170212.flv{/flowplayer}

    De esperpéntico e escurantista cualificou esta mañá o partido socialista o proceso de compra dos terreos para a ampliación do Hospital do Salnés. Un proceso que onte deu un paso máis coa aprobación da súa adquisición no pleno da Mancomunidade do Salnés que se celebrou onte.

    O acordo contou cos votos favorables do PP e BNG mentres que PSOE e SAL se abstiveron da votación. Esta mañá o alcalde da Illa e a líder dos socialistas de Vilagarcía compareceron para explicar a súa postura onte no pleno. A sú postura, explicaron, debeuse a que detectaron por un defecto de forma na petición e no procedemento administrativo. 

    Por iso, a súa abstención onte na votación, explicaron non significa que estean en contra da ampliación do Hospital nin de adquirilos terreos. De feito, o alcalde da Illa, Manuel Vázquez, anunciou que se a Xunta adquire o compromiso de executala obra, eles estarían dispostos a poñelos cartos ó día seguinte.

    Con todo para os socialistas a solución pasa porque o Presidente da Mancomunidade convoque ós concellos da área sanitaria do Hospital para chegar a un acordo e asinar un convenio. Nese encontro tamén debería estar, matizaron, o alcalde de Catoira aínda que non pertenza ó organismo comarcal.

    No acordo non se contemplaba autorizar ó Presidente da Mancomunidade para cedelos terreos á Xunta.

    Redacción Salnés