O Momo de Vilanova ‘vestiuse’ de Carod Rovira este ano

    VILANOVA > Sen dúbida, no Salnés, o concello no que con máis intensidade se viviu o domingo de Entroido foi en Vilanova. As rúas vilanovesas foron o escenario polo que desfilaron unhas cincocentas persoas que acompañaron ó Momo. Unha figura mítica do Entroido que este ano se inspirou no político catalán Carod Rovira.

    Unhas docemil persoas gozaron dun dos máis importantes espectáculos que se desenvolve no Salnés no Entroido: o enterro do Momo de Vilanova. Rúas ateigadas de xente, e non só de Vilanova, que quixeron ver de preto as orixinais comparsas e peñas que foron desfilando ó son das súas músicas. O pistoletazo de saída foi o sábado á noitiña co velorio no que se deron cita as ánimas da Santa compaña para rezar arredor do cadaleito.

    Pero a festa grande foi a do domingo. O catalán Carod Rovira e o polémico Estatut  inspiraron este ano a festa. A curia, que desfilou na carroza do Momo velando ó cadáver non deixou a ninguén sen comulgar. E repartiu… para todos.

     Anécdotas non faltaron e moito menos orixinalidade: dende a carroza con drag queen ata os esquimós, pasando polos trogloditas ou o corpo de bombeiros, que chegado un punto do desfile, tiveron incluso que intervir nun rescate. Xa entrada a noitiña e tras horas de desfile foi o turno da homilía na que non quedou títere con cabeza e na que houbo espazo, por suposto, para a rabiosa actualidade política. E entre salmos e responsos… choraron todos ata o ano que vén…

    Redacción Salnés