A parcelación do parque empresarial de Catoira comezará en xuño

    catoiraparque_300507__100.jpgCATOIRA > En Catoira tivo lugar a recepción da obra do Parque Empresarial de Catoira. Trátase dun paso…

    …máis no que a empresa Acciona, entrégalle a obra ó propietario, nesta ocasión SEA, Sociedade empresarial do Atlántico que a su vez cedeu tres parcelas o concello gobernado polo socialista Alberto García. O parque empresarial de Catoira está cada vez máis preto.

    Na recepción de obra na que estiveron presentes tanto representantes de Acciona como de SEA ademais do recentemente reelixido Alberto García que falounos da fase actual na que se encontra este proxecto e recordou que existen tres parcelas que pertencen ó Concello e que estarán destinadas a deportes ou servizos sociais.

    Ricardo Romero, xerente de SEA adiantou que o proxecto de parcelación presentaráse en xuño e ó mes seguinte, en xullo dará comezo o concurso para a adxudicación. Segundo Romero, os criterios que se seguirán para darlle o terreo ás empresas serán a creación de emprego, a inversión, e os criterios medio ambientais. Tamén recalcou o compromiso da SEA de evitar á especulación nestes terreos.

    Redacción Salnés