A aula da Natureza de Siradella do Grove superou as 6 mil visitas no 2021

RIBADUMIA> A xunta de Galicia remata as obras de mellora do colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia. O investimento da reforma superou os 800 mil euros e con esta intervención actuouse tanto no interior como no exterior do centro.

Despois de anos realizando diferentes melloras, o colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia xa está totalmente renovado. A xunta investiu nas últimas actuacións máis de 800 mil euros para realizar unha reforma integral do centro.

A reforma era unha vella demanda da comunidade educativa e serviu para dar solucións ás necesidades do centro.

Dende o centro xa notan as melloras, aínda que a covid impida gozalas por completo.

A boa sintonía entre concello, comunidade educativa e xunta, leva a todas as partes a comprometerse para continuar traballando en mellorar calquera deficiencia que xurda no centro.