Deporte, vivenda e traballo, temas que preocupan ós xóvenes ribadumienses

    RIBADUMIA > A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, quixo coñecer de primeira man as inquedanzas e preocupacións dun centenar de xóvenes do concello.  Todos eles, representantes municipais e boa parte do sector da poboación ribadumiense mais xoven, charlaron nunha xuntanza na que se puxeron en riba da mesa o deporte, a vivenda e o traballo como as principais inquedanzas xuvenís.

    O encontro tiña lugar no Centro social de Barrantes e tamén asistiron, ademais da alcaldesa, a concelleira de cultura, Lidia Álvarez, o informador xuvenil e a técnico de emprego do concello. A finalidade da xuntanza era escoitar ós novos e coñecelas súas inquedanzas que preocupan ós mozos para poñer en marcha políticas encamiñadas a solventar, na medida do posible, as dificultades coas que se enfrentan a miúdo. Durante a hora e media de charla, o deporte foi o primeiro tema exposto, onde requeriron información sobre a futura Escola Deportiva, un proxecto no que o concello está a traballar en colaboración cunha escola predeportiva para poñela en marcha o antes posible e que estará destinada a promover varios deportes entre os rapaces de 6 a 12 anos. Ademais, os asistentes tamén demandaron ampliar ou modificar os horarios dos pavillóns no período estival. As nais tamén se preocuparon pola conciliación da sía vida familiar e laboral, propoñendo a creación de ludotecas de verán para tódalas idades nas que deixar ós seus fillos durante a xornada laboral. Neste sentido, os xóvenes resaltaron creación da aula de acollida, que funciona dende as 7 e media da mañá os días laborables ou a posta en marcha do comedor escolar. Tamén para os máis pequenos foi proposta a creación de novos parques infantís en Barrantes, algo que xa está en proxecto. Os representantes municipais animaron ós presentes a participar na organización de actos lúdicos e festivos como a Festa do Viño Tinto e outras actividades paralelas a desenvolver esa fin de semana en Barrantes. A vivenda tamén preocupa ós xóvenes ribadumienses e interesáronse polas de protección autonómica que se levan a cabo en Ribadumia. Outra das propostas foi retomar os cursos de fotografía ou a posibilidade de impartir seminarios de informática en horario de mañá. Peña deu conta ós asistentes doutras obras que se levarán a cabo, caso da reforma integral da Casa da Cultura cun novo auditorio e unha sala de lectura ou a posibilidade de executar obras de protección social no 10% do solo das parcelas que o concello recibirá do plan parcial. 

    Redacción Salnés