CALDAS > Dez foi o número de medallas que trouxeron baixo o brazo os integrantes do equipo de natación do Centro Ocupacional Saiar. 9 rapaces e 7 rapazas competiron no Campionato Galego de Natación para discapacitados intelectuais que se celebrou o mércores na Cañiza. Nós estivemos con eles nun dos seus adestramentos.
Os sorrisos na piscina municipal de Fontecarmoa en Vilagarcía evidenciaban a felicidade dos membros do Centro Ocupacional Saiar. O equipo de natación que adestraba, como cada xoves, deixábase guiar baixo as ordes de Enrique Carro, o adestrador que contribuíu a que este club quedara campión galego de natación para discapacitados intelectuais. A
lejandro Magno e Irene García foron os membros que máis destacaron no campionato xa que se fixeron con varias das dez medallas que acadaron no campionato celebrado onte na Cañiza. En total: tres de ouro, cinco de prata e dúas de bronce.
Os 16 integrantes do equipo deixaron, e nunca mellor dito, o pavillón ben alto entre os 350 participantes no campionato. Agora, a seguir adestrando para acadar máis títulos e medallas.
Redacción Salnés