VILAGARCÍA > A Policía Local detivo na madrugada do mércores ó xoves a un individuo de 46 anos que conducía borracho a gran velocidade na estrada de Pontevedra pola zona de Rubiáns. Tamén detivo, por intento de furto a un indixente que pretendía entrar a roubar nun establecemento da Mariña.
Pola estrada de Pontevedra circulaba J.A.L.M, de 46 anos a gran velocidade de madrugada en estado de embriaguez e ocupando o carril contrario. Dous axentes da Policía Local percatáronse da presenza dun turismo que circulaba nestas condicións polo que lle deron o aviso de detención. Ó parar, case tras arrollar á patrulla segundo indicaron fontes oficiais, realizáronlle a proba de alcoholemia dando unha taxa cinco veces superior á permitida e comprobaron que sobre o individuo pesaba unha sentenza xudicial de privación de conducir polo que procederon á súa inmediata detención.
Pero esta non foi a única realizada, tamén na mesma madrugadaa Local frustrou un intento de roubo nun establecemento da Mariña. Un indixente de 68 anos de idade estaba tentando acceder ó interior do establecemento forzando a entrada cun desparafusador. Tras seren avisados por un veciño os axentes persoáronse na zona e detiveron ó presunto responsable que aínda se atopaba nas inmediacións da Mariña, na rúa Méndez Núñez.
Redacción Salnés