Italia coróase en Vilagarcía por diante da selección española

VILAGARCÍA> Se houbo un evento deportivo que destacou por enriba do resto esta Semana Santa ese foi a Vilagarcía Basket Cup. O pavillón de Fontecarmoa encheuse os tres días de competición para ver como Italia levábase o título. España tivo que conformarse co subcampionato.

A XVI Vilagarcía Basket Cup foi para Italia. Pese a derrota dos transalpinos no derradeiro partido ante Francia (73-78), as victorias fronte a España e Alemania nas xornadas de xoves e venres déronlle-lo triunfo á azzurra. A victoria de Italia chegou en parte grazas ó gran traballo realizado por Amadeo Della Valle, á postre elexido como MVP do torneo, debido as súas actuacións decisivas nos momentos importantes dos partidos. Della Valle promediou 20 puntos por encontro e destacou pola súa capacidade de penetración e pola súa intensidade defensiva.

No que respecta ó cadro español, a derrota frente a Italia o primeiro día deixou con mínimas opcións de título ós pupilos de Orenga. Sen embargo o combinado nacional refíxose nas últimas dúas xornadas para sacar adiante dous partidos moi igualados frente a Francia, á que venceron por 75-72 e Alemania, á que se impuxeron por 77-72. Ademais, Alejandro Abrines foi o vencedor no concurso de mates. O de triples foi para o francés Ivernizzi.

Ademais do torneo principal, que ocupou Fontecarmoa nas últimas horas da tarde, durante o resto do día polo pavillón vilagarcián pasaron centos de rapaces que participaron nas outras dúas competicións, a Basket Base e a Future Stars. A organización quixo aproveitar as intalacións ó máximo e preparou varias zonas para o xogo e divertimento dos máis pequenos.

Adaptada á situación económica actual, a Basket Cup promete volver o vindeiro ano con máis forza para manter á Vilagarcía no seu sitio, como a capital do baloncesto durante a Semana Santa.

Redacción Salnés