A selección española de natación sincronizada visita Pontevedra

sincronizada250_151209.jpgPONTEVEDRA> Pontevedra recibe a visita dun dos mellores combinados dos que pode presumir o deporte español. A selección nacional de natación sincronizada chegou onte á cidade do Lérez, onde foron recibididas primeiramente polo alcalde, e despois polo Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete.

{flowplayer}images/salnes/sincronizada_151209.flv{/flowplayer} 

Trátase dun dos conxuntos máis laureados do deporte femenino nacional. A natación sincronizada, liderada por Gemma Mengual acadou nos últimos anos innumerables medallas e de tódolos metais. Precisamente a gran ausencia onte en Pontevedra foi a da deportista barcelonesa.

Non estaba Mengual pero sí Raquel Corral, Thais Enríquez e Irina Rodríguez, prata en Pekín, ou a propia Andrea Fuentes, dobre medallista de prata nos pasados Xogos e parella de Mengual no dúo.

O obxectivo desta visita é promocionar a sincronizada na nosa comunidade. Despois do encontro que mantiveron onte coas rapazas que traballan no Centro de Tecnificación hoxe fan unha exhibición diante dos escolares de Pontevedra. Antes dese adestramento o equipo reuníuse na Sala de Xuntas do Centro co Secretario Xeral para o Deporte en Galicia, José Ramón Lete, que destacou a importancia que esta visita ten para as nenas que agora empezan aquí a practicar este deporte. Asimesmo desexou que nun futuro próximo unha galega poida formar parte deste conxunto.

A selección española deixará Pontevedra o mércores para proseguir coa súa preparación por unha banda dos Europeos de Natación de agosto en Budapest, e tamén da Copa do Mundo FINA.

Redacción Salnés