Alberto García dá por perdido o edificio de deportes náuticos

astorres250_130809.jpgCATOIRA> O alcalde de Catoira, Alberto García, remetíu esta semana unha carta á prensa e ó club As Torres Romaría Vikinga. Nela transmite a súa preocupación pola situación na que se atopa a contratación das obras do edificio de deportes náuticos. A Secretaría Xeral para o Deporte do anterior goberno, deulle luz verde hai sete meses a un proxecto que resultou non estar nin sequera asinado.

{flowplayer}images/salnes/astorres_130809.flv{/flowplayer} 

Hai sete meses, a Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Souto, comprometíase a sacar adiante un proxecto polo que o concello de Catoria levaba loitando 20 anos. Unha obra que comtemplaría entre outras actuacións, un ximnasio, salas deportivas ou vestiarios a partir da construcción de dous novos edificios e a rehabilitación doutros dous. O orzamento era de case un millóns de euros, dos que o concello aportaba 140.000.

As cousas torcéronse hai escasos quince días, cando o alcalde Alberto García reuníuse co novo secretario para o deporte, José Ramón Lete, que lle manifestou que os convenios aprobados polo pleno non estaban asinados polos anteriores responsables na Xunta. Por ese motivo non se poderán sacar a licitación e contratación as obras no ano 2009, nin tampouco para o 2010, con case total seguridade, xa que Marta Souto e a ex-conselleira na materia, Ánxela Bugallo, deixaron moitos outros compromisos asinados para ese período, e a marxe de maniobra presupostaria é mínima.

Dende o concello de Catoira consideran ‘un fraude’ o feito polo anterior equipo da Xunta responsable de deportes, xa que dende a corporación municipal traballárase durante moito tempo para acadar os terreos e os cartos necesarios para a realización da infraesturctura.

Alberto García reunirase de novo con José Ramón Lete no primeiro trimestre de 2010 para tentar incluir a obra no plan de 2011. Mentres dende As Torres, fartos de agardar polo que lles foi prometido, perden a esperanza de dispoñer dunhas instalacións acordes co nivel deportivo do club.

Redacción Salnés