A Pobra celebrará este venres a tradicional xuntanza dos maiores

    POBRA> Xa está todo listo na Pobra para celebrar a Xuntanza dos Maiores que este ano acada xa a súa decimo quinta edición. o programa de actividades dará comezo ás doce do mediodía coa recepción de autoridades na casa consistorial. A continuación terá lugar a misa solemne na Igrexa de Santa María A Antiga que dará paso ó xantar de confraternidade. Como tódolos anos, a comida terá lugar no pavillón polideportivo de Venecia. Tras degustar o menú servido polo restaurante Chicolino, os maiores desfutarán dunha sobremesa con animación musical e moitas sorpresas.