BARRO > O alcalde de Barro instou á Xunta a que deixe de incurrir en contradiccións en alusión á diferencia de opinións entre consellerías sobre o traslado de Ence ó Salnés. Pediuno durante a na rolda de prensa posterior á xunta de goberno da Deputación Provincial á par que lles solicitou que non sembraran a intranquilidade e inseguridade entre os veciños dos concellos de Barro e Meis.
Sobre a polémica xurdida en distintos medios en referencia a declaracións feitas no pasado polo presidente da Deputación nas que non se opuña ó traslado a Barro da factoría, Louzán botou balóns fóra e dixo que non se trata máis ca da un intento de desvío da atención por parte de BNG E PSOE.
Redacción Salnés