Vilagarcía volve levantar a rúa Xoan Carlos I

    VILAGARCÍA> Vilagarcía continúa sumida en obras.Hoxe arrancou o asfaltado do entorno da rotonda de Luz Salgada, intervención que coincidiu coas melloras na rede de saneamento que o concello arrancou na rúa Xoan Carlos I. Aínda que os traballos puideron traducirse nun caos circulatorio, non se rexistraron problemas importantes no tráfico.

     

    As melloras na rede de saneamento obrigaron hoxe a manter cortado un dos carrís de circulación á altura da praza da Constitución, concretamente o sentido cara Carril.

    Nesta zona da avenida Xoan Carlos I, a intervención supón ter que romper o asfalto que se aplicara hai poucos meses, durante a rehabilitación dunha parte de Rosalía de Castro realizada pola Xunta. Unha decisión que non se explican os veciños.

    E é que esta non é a única obra que están a padecer os vilagarciáns. A intervención nesta zona coincidiu hoxe co asfaltado en torno á rotonda de Luz Salgada, para rematar a primeira fase da canalización. 

    A pesares do que se podía prever, os cortes non tiveron importantes efectos sobre o tráfico. Xa onte dende o concello recomendárase evitar pasar polo casco urbano, empregando a circunvalación norte da cidade como alternativa de non ser necesario achegarse ao centro.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/25/obras_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/25/obras_vilagarcia.mp4{/flowplayer} 

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí