O bo tempo favorece a recollida da uva nunha colleita de gran calidade e cantidade

CAMBADOS> Colleita abundante e de calidade. O avance da vendima fai que se cumpran a previsión dos enólogos das adegas. As boas temperaturas desta semana favorecen á recollida da uva.

A vendima avanza a bo ritmo nas Rías Baixas. Na subzona do Salnés, tras comezar recollendo a uva que será destinada a outras variantes distintas ao albariño, a fin da semana pasada comezaron coa uva raíña.

As choivas do inicio da campaña puxeron en alerte aos enólogos, pero o bo tempo desta semana favorece a que os traballos avancen e a uva chegue máis limpa e hidratada. A colleita, como se agardaba, é de gran calidade e cantidade.

A situación sanitaria, obriga ás adegas a cumprir con normativas incluso no campo como separar aos vendimadores en grupos burbulla. As marcas necesitan contratar a moitos vendimadores para poder rematar a vendima nos tempos previstos.

Na actualidade, as adegas atópanse con ao redor do 30% vendimado. A previsión é que os traballos rematen en torno ao fin de semana ou a comezos da vindeira semana.