Entretendas súmase ó Sistema Arbitral de Consumo

    SANXENXO > O Centro Comercial Urbano Entretendas, de Sanxenxo, vén de sumarse ó Sistema Arbitral de Consumo da Xunta, un servizo que permite axilizar a resolución de posibles conflictos entre clientes e establecementos. A adhesión fíxose efectiva onte coa sinatura dun convenio coa dirección xeral de Comercio e Consumo.

    Máis de 150 establecementos asociados ó Centro Comercial Urbano Entretendas de Sanxenxo están adheridos ó Sistema Arbitral de Consumo, que promove a Xunta de Galicia. O presidente de Entretendas, José Sotuela, asinou onte un convenio coa directora xeral de Comercio e Consumo, Ana Rúa. O acto celebrouse no Hotel Augusta e nel tamén estiveron membros da Asociación de Consumidores do Salnés e do concello.

    Este servizo mellorará a imaxe do comercio local e axilizará a resolución de posibles reclamacións que poidan efectuar os clientes. Os establecementos adheridos exhibirán nos seus escaparates un selo conforme forman parte do sistema de arbitraxe e terán follas de reclamación con esta referencia. Trátase do primeiro Centro Comercial Urbano de Galicia que se suma a este Sistema. Entretendas responde así a unha das recomendacións do estudo de comercio que encargou recentemente a directiva.

    Redacción Salnés