![]()
CAMBADOS> Así se aprobou en sesión plenaria co apoio dos populares. PSOE e BNG votaron en contra.
{flowplayer}images/salnes/260209_pleno_cambados_portos.flv{/flowplayer}
Logo de que o 9 de xaneiro a Xunta lle comunicase ó concello de Cambados unha suba e tarifas pola ocupación do espazo no que se celebra o mercado, o executivo local decidiu deixar de manter as zonas propiedade de Portos e presentou un escrito ante a Administración Autonómica esixindo que fose o ente o que financiase desde o alumeado público dos seus terreos ata o coidado dos xardíns e reposición de mobiliario urbano. A decisión foi respaldada hoxe no pleno polo grupo popular, mentres que PSOE e BNG votaron en contra. O socialista Domingo Tabuyo lembrou que foron os populares os que estableceron o pago destas taxas cando gobernaban na Xunta, e engadiu que se non se abona este canon estarase discriminando ós comerciantes de Cambados.
O BNG demandou ó concello que se faga coa titularidade dos terreos de Portos. Ata entón, en lugar de optar pola insubmisión fiscal, os nacionalistas piden negociar con Portos para chegar a un acordo.
O alcalde Cambadés defendeu a súa proposta argumentando que non se opoñen ó pago das taxas, pero se cobren estes cursos, non están dispostos a cargar tamén co mantemento. Piden a Portos un convenio no que as dúas partes compartan gastos.
Redacción Salnés









