Un autobús atropela a tres rapazas na zona dos Salesianos

    CAMBADOS > Tres nenas de 13 e 15 anos foron atropeladas á saída do colexio dos Salesianos. O autobús que realiza o transporte escolar daba marcha atrás atrapando ás rapazas entre o vehículo e un BMW. Aínda que a víctimas non están graves foron evacuadas ó Hospital Domínguez de Pontevedra por sufrir distintas lesións nas pernas.

    salesianos_300_150306.jpgO accidente ocorreu arredor das cinco e media da tarde deste mércores. O autobús pertencente á empresa Castromil con matrícula C-3189-BX, atrapou ás tres nenas lateralmente contra un turismo BMW PO-1781-BH que se atopaba estacionado no interior do colexio dos salesianos. As rapazas son dúas irmás de 13 e 15 anos veciñas da parroquia cambadesa de Castrelo, a terceira víctima de 15 anos pertence ó Concello de Ribadumia.

    Ata o lugar dos feitos acudiu a Garda Civil de Tráfico e o 061 que evacuou en dúas ambulancias ás rapazas ó Hospital Domínguez de Pontevedra. O prognóstico dunha das nenas maiores, que responde ás iniciais de l.P.D. é grave, nas últimas horas da tarde foi trasladada á unidade de coidados intensivos cunha contusión pulmonar, unha fractura de pube, unha fractura de sacro e varias policontusións. As outras víctimas non revisten gravidade e atópanse xa en planta.

    Redacción Salnés