A Xunta insta ós concellos a crear as mesas locais de comercio

    lei_comercio copia.jpg SALNÉS> A consellería de Economía e Industria concede ós municipios galegos un prazo de vinte días para constituir estes organismos.

    {flowplayer}images/salnes/LEI_COMERCIO.flv{/flowplayer}

    O obxectivo das mesas locais de comercio é reforzar a coordinación entre o sector e a admistración autonómica. A consellería de Economía e Industria concede ós concellos un prazo de vinte días a partir da recepción das notificacións para constituir estes organismos. Neles deberán ter representación os comerciantes da localidade, consumidores e membros das administracións local e autonómica. No caso das sete grandes cidades galegas, tamén se incorporarán as federacións provinciais de comerciantes e as cámaras de comercio.

    Para poder formar destas mesas locais, o municipio debe contar cun mínimo de 20 establecementos comerciais. Do contrario, será preciso crear un organismo a nivel provincial, xestionado pola correspondente Deputación, no que se agrupen estes concellos. Naqueles municipios nos que non se creen as mesas no prazo establecido, a propia Xunta procederá á súa convocatoria. Desde a consellería de Economía e Industria explican a urxencia do proceso alegando que falta pouco para rematar as rebaixas e ó seu remate, son moitos os municipios nos que se celebran feiras de oportunidade. As mesas locais de comercio serán as encargadas de aprobar a celebración destes mercadiños.

    Redacción Salnés