Falece o edil do PP vilanovés José Luis Novo

VILANOVA> O Partido Popular de Vilanova e toda a vila están de loito polo falecemento de José Luis Novo Galván, concelleiro do partido de goberno. Novo Galbán falecía esta madrugada aos 76 anos tras unha longa enfermidade. Era edil do PP vilanovés dende o 2011, á fronte da concellería de Tráfico e Seguridade Viaria. Tamén exercía de representante da súa parroquia, Baión. No cemiterio desta parroquia será soterrado mañá sábado ás 12 do mediodía. Tras coñecer a triste nova, o concello suspendeu as actividades previstas para hoxe. O alcalde Gonzalo Durán, pola súa banda, amosou a súa tristura pola perda dun compañeiro de partido e, segundo asegurou, dun amigo.