La Caixa concede 45 mil euros a AMICOS para a construción dun centro de día

    RIBEIRA > A Asociación AMICOS do Barbanza e a Fundación ‘La Caixa’ asinaron en Ribeira un convenio de colaboración mediante o cal a entidade financieria concederalle a este colectivo, que presta atención a persoas con problemas psíquicos, unha axuda de 45 mil euros que serán investidos na construción dun novo Centro de Día.

    Dende hai tempo a  Asociación AMICOS do Barbanza anda na procura de financiamento para poder levar a cabo o proxecto de construción dun novo Centro de Día que posibilite mellora-los servizos que prestan a diario. Despois de presenta-la proposta nas distintas administracións, tanto autonómica coma provincial e locais, Amicos iniciou unha campaña de captación en outras entidades de ámbito privado como é o caso da Fundación ‘La Caixa’ que vén de realizar unha achega de 45 mil euros ó proxecto.

    O Xefe de Zona de ‘La Caixa’, Marc Benhamou, fixo referencia ás condicións e características do conevnio asinado con Amicos que vén a amosa-lo bo funcionamento da súa fundación á hora de concede-las subvencións.

    Pola súa banda o Director da Oficina de ‘La Caixa’ en Ribeira, Andrés Lijó, sinalou que a entidade financieira procura sempre o beneficio e colaboración cos colectivos sociais do municipio.

    Esta Asociación ribeiresa leva uns cinco anos prestando atención a diminuídos psíquicos das comarcas do Barbanza e Noia. Na actualidade conta cun centro de día no que 25 persoas discapacitadas reciben asistencia, coa realización de talleres ocupacionais e diversas actividades como poden ser talleres ocupacionais de técnicas de envasado ou a confección de abalorios.

    Redacción Barbanza