Arranca o Circuíto Trail Series Arousa Neo coa disputa do Trail da Ponte

PORTO DO SON> Uns 182 corredores participaron onte domingo no Trail da Ponte en Porto do Son.

A proba, a primeira das tres das que consta este ano o Circuíto Trail Series Arousa Neo, desenvolveuse polas parroquias de Xuño, Queiruga e Caamaño, por espazos de gran valor paisaxístico e patrimonial.

O Trail dividiuse en dous trazados, un longo de 21 quilómetros e outro curto de quince.

Na primeira das probas os gañadores absolutos foron,  en homes Daniel Paz do Club Deportivo Brión,  cun tempo de 01:53:38, e en mulleres, Rebeca Mariño da Sociedade Deportiva Barbantia Roda que parou o crono 2:15:01.

En canto ó trail curto, os vencedores foron Sergio Requejo e Lucía Peón, os dous do Atletismo Arenteiro.

As próximas citas do circuito serán o Trail de Outes o 17 de marzo e o trail de San Isidro na Pobra, o día 26 de maio.

As persoas interesadas en participar en estas dúas probas aínda están a tempo de poder facelo a través das webs trailseries.run ou arousa.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí