A Comisión do Carme dos Pincheiros aclara que non celebrará ningún acto festivo

A POBRA> A Comisión de Festas do Carme dos Pincheiros insiste en que este ano non vai organizar ningunha actividade por mor da pandemia. Ante a publicación dunha serie de actos que se desenvolverán entre o quince e o dezasete de agosto na Pobra, quixeron aclarar que son promovidos polo concello.

Tal e como xa anunciaran a principios de xuño, os membros da comisión de festas do Carme dos Pincheiros explicaron que os festexos foran suspendidos. As restricións sanitarias obrigaron a aprazar os contratos que xa tiñan con grupos, orquestras e outras atraccións festivas ata o ano que vén. O recente anuncio dunha serie de actuacións programadas para a fin de semana do quince de agosto obrigaron á comisión a saír novamente a explicar que non teñen nada que ver coa súa organización.

Non se opoñen, se non todo o contrario, a estas actividades que contribuirán a dinamizar a economía local, especialmente no que respecta ó turismo e a hostalería.

A única actividade prevista pola comisión é a tirada de bombas de palenque para recordar a festividade neste ano excepcional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí