![]()
PONTEVEDRA > A pontevedresa praza de Barcelos conta desde hoxe cun parque que con toda seguridade converterase…
…nun lugar de encontro para nenos e maiores. Este lugar ten unha peculiaridades. Aquí, os xogos non son só para os máis nenos , os maiores tamén teñen unha parte especialmente pensada para eles.
O alcalde en funcións de Pontevedra, Miguel Ángel Fernández Lores e a actual concelleira de Parques e Xardíns, Celia Alonso, visitaron o parque da praza de Barcelos no que dende hoxe fillos, pais e ata avós poderán gozar dos distintos xogos que se atopan neste parque. Para os pais hai unha zona especial para que se quiten o stress acumulado durante a xornada o no caso dos avós exercicios especialmente deseñados para eles como asentos con barra, ramplas ou escaleras. Este parque conta cun orzamento de 200.000 euros e, segundo o alcalde da cidade, Miguel Ángel Fernández Lores integrase perfectamente no modelo de cidade que os nacionalistas queren para Pontevedra.
A construcción deste parque comezou en xaneiro a agora cuns meses de atrasado xa está a disposición dos veciños da cidade do Lérez.
Redacción Salnés









