Antón Paz recibe a distinción de Fillo Adoptivo de Vilagarcía

VILAGARCÍA > O regatista Antón Paz recibiu este sábado a distinción de Fillo Adoptivo de Vilagarcía. A corporación Municipal recoñecía deste xeito os seus numerosos éxitos deportivos que o levaron a ser considerado o mellor regatista do mundo en 2005. Paz agradeceu este galardón e prometeu seguir traballando coa meta posta nas olimpíadas de 2008.

O mellor regatista do mundo, Antón Paz, xa é fillo adoptivo de Vilagarcía. A corporación municipal reuniuse en sesión extraordinaria este sábado para concederlle a máxima distinción de honra do concello ó deportista. Antón Paz contou co respaldo de boa parte da súa familia e amigos, ademais doutros regatistas e máximas autoridades locais. 

Nos discursos, o alcalde destacou os méritos do homenaxeado, o máis novo de candos recibiron distincións no concello arousán. Tras recibir o galardón de mans do alcalde, Antón Paz, manifestou o seu orgullo por poder representar a Vilagarcía, cidade que lle deu oportunidade de iniciarse no deporte da vela. Deu as gracias á súa familia e amigos por animalo a dedicarse a este deporte e prometeu seguir traballando duro para completar o seu currículo de éxitos deportivos nas Olimpíadas de 2008.

Redacción Salnés