Valentín G. Formoso: ‘No entorno da ría de Pontevedra creo que hai posibles localizacións para Ence’

VILAGARCÍA> O líder do PSdeG cre que ‘no entorno da ría de Pontevedra’ hai posibles localizacións para Ence. Nunha entrevista en Canal Rías Baixas, Valentín González Formoso defendeu o traslado da pasteira, demandando do goberno central máis axilidade á hora de busca-lo novo empramento, cunha maior implicación da Xunta que, segundo dixo, debe ‘liderar’ este proceso.

Xira polo Salnés do líder do PSdeG con parada en Canal Rías Baixas. Valentín González Formoso amosouse convencido de que o xiro cara a esquerda da comarca consolidarase nas eleccións municipais do ano vindeiro. A formación  comeza a engraxa-la súa maquinaria electoral e faino con prazas nas que o cabeza de cartel é aínda unha incógnita. Caso de Pontevedra, onde Tino Fernández, Yoya Blanco ou Iván Puentes poderían competir polo liderado. Formoso defende que a dirección galega debe quedar á marxe e que non se acabará desatando a guerra interna.

O socialista aproveitou tamén para critica-la remuda de Feijóo á fronte do PPdeG e a Xunta. Critica que Rueda chegue ao poder por obra e graza dos catro baróns provinciais dos conservadores.

Sobre o futuro de Ence, Formoso reclamou máis axilidade por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica á hora de buscar un posible novo emprazamento, defendendo que é a Xunta a que debe lidera-lo proceso. O socialista cre que a pasteira pode quedar na contorna da ría.

como presidente da Deputación da Coruña, lamentou o papel a actitude ‘partidista’ da Xunta á hora de poñer en marcha o Centro de Día de Rianxo. Puxo en valor o papel que está a xogar neste asunto o goberno provincial e vanzou que manterá un encontro co alcalde rianxeiro esta mesma semana para coñecer en que punto se atopa o proxecto.

E avanzou que a partir deste mesmo xoves 28 comezaranse a tramitar as axudas para para o  agro, a pesca e o transporte por parte da Deputación para palia-la suba dos carburantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí