VILAGARCÍA > A Cámara de Comercio de Vilagarcía xa non precisa celebrar eleccións o vindeiro 4 de maio coma no resto de organismos camerais de Galicia. Dado que o número de candidatos proclamados en cada grupo resulta igual ó de membros elixidos, a Xunta Electoral acordou este martes proclamar electos ás 18 persoas e empresas presentadas.
A nova dirección da Cámara de Comercio de Vilagarcía renova a oito dos seus vocais. No grupo de outras industrias transformadores dos metais, mecánica de precisión incorpórase Tune Eureka; en outras industrias manufactureiras entra Gráficas Salnés; en hostelería Davando Ira e Ramón Santos Pérez; mentres que en institucións financeiras entra Caixanova. Tamén hai novidades no grupo de servizos a empresas coa incorporación de Marcos César González e Alpesan, e no grupo de comercio polo miúdo entra como vocal María Ramona Pérez López.
Os outros dez vocais proclamados electos xa formaron parte do anterior equipo directivo. A partir de agora as asociacións empresarias teñen dez días de prazo para propoñer 4 membros dos que se elixirán tres como vocais. Os electos teñen un mes para tomar posesión e unha vez se cumpra este trámite celebrarase un pleno para elixir presidente.
Redacción Salnés