![]()
VILAGARCÍA> A Fundación Amigos de Galicia ten a maquinaria a toda marcha para que o Papá Noel e os Reis Magos poidan chegar este ano a todos os fogares. Decenas de voluntarios traballan para envolver os agasallos que despois se reparten entre familias con poucos recursos.
Que o Nadal chegue a todos os fogares é o obxectivo que ten a Fundación Amigos de Galicia nestas datas. Dende a súa nave en Vilagarcía xa traballan na campaña de recollida de xoguetes.
Este ano repartiranse case 3.000 regalos en toda Galicia para os pequenos con idades entre os 0 e os 8 anos. Xoguetes novos e usados doados mercados pola Fundación ou doados por particulares e empresas que se encargan de poñer a punto os voluntarios. Sempre dirixidos pola Mamá Noela de Amigos de Galicia, Chicha.
Decenas de voluntarios colaboran nesta campaña, que vai permitir que Papá Noel e os Reis Magos poidan chegar a todos os fogares.
Dende a Fundación fan tamén un chamamento para que máis persoas se animen a colaborar empaquetando os agasallos ou doando algún xoguete máis. Os que queiran axudar dalgún xeito poden facelo achegándose á nave que Amigos de Galicia ten na avenida López Ballesteros en Vilagarcía.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/xoguetes_amigos_galicia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/xoguetes_amigos_galicia.mp4{/flowplayer}








