Gallego asegura que segue aberta ó diálogo coas confrarías

    gallegoengaravilla_100_190107.jpgO GROVE > A Consellería de Pesca convocou novamente ás confrarías de Arousa para o mércores da semana que vén …

    … Namentres se manifestaban os mariscadores en Vilaxoán, Carmen Gallego, visitaba no Grove unha conserveira.

    A Conselleira de Pesca, Carmen Gallego, lanzou unha mensaxe ás confrarías da ría de Arousa a través dos medios de comunicación: ‘estamos abertos ó diálogo e a falar de tódolos problemas, o mércores hai convocada unha nova xuntanza na que se tratará de aclarar os malentendidos’. Un destes malentendidos, segundo Gallego, ten que ver con banco de Cabío.

    gallegoengaravilla_200_190107.jpgA conselleira aclarou que, como banco de libre marisqueo que é, tódolos mariñeiros da Ría de Arousa teñen dereito de ir traballar alí. O que pasa é que este ano só unha confraría, a da Pobra, presentou un plan de xestión para Cabío. Engadiu que non se abrirá a explotación deste banco ata outubro, polo que os outros pósitos teñen tempo de presentar alegacións e buscar unha xestión conxunta.

    Carmen Gallego realizou estas declaracións durante a súa visita á empresa Conservas Garavilla, asentada desde o ano 1976 no Grove. A conselleira destacou a aposta desta empresa, que comercializa a marca Isabel, pola diversificación dos seus productos e pola innovación. Gallego aproveitou para darlle un avance á empresa do Plan Estratéxico da Conserva.

    Redacción Salnés