RIANXO > A Deputación da Coruña modificará o proxecto da piscina municipal de Rianxo co fin de mellora-las futuras instalacións que serán construídas nas pistas polideportivas existentes detrás do actual pavillón.
O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, informou dos cambios que pretende realizar o organismo provincial no proxecto inicial da piscina municipal que se pretende construír na localidade.
As propostas de modificación, que foron presentadas polo propio executivo rianxeiro co fin de mellora-las futuras instalacións, refírense á construción de dous vasos para o baño e unhas dependencias con servizos semellantes ós dun balneario.
Estas variacións no proxecto inicial elevan o custe da instalación ata algo máis dun millón seiscentos mil euros, dos cales aproximadamente un millón e medio de euros serán sufragados pola deputación coruñesa e o resto deberá asumido polas arcas municipais.
Pedro Piñeiro informou tamén de que aínda faltan algúns trámites como é o caso da aprobación definitiva do proxecto por parte do organismo provincial e que será levado a pleno o vindeiro mes de abril. Segundo o rexedor rianxeiro se todo vai sobre o previsto as obras poderían comezar no verán.
Redacción Barbanza