NOIA> Carlos Núñez actuará no Festival Internacional de Arpa de Noia que se celebrará na vila entre o 31 de xullo e o 3 de agosto A principal novidade este ano será a reconstrución das antigas arpas da portada de San Martiño. As arpas de San Martiño, que se atopan xa na fase final de rehbailitación, formarán parte do concerto de Carlos Núñez que constituirá o prato forte desta quinta edición. Ademais deste concertó especial, integran o programa destacados músicos a nivel nacional e internacional. O concerto de apertura correrá a cargo do coro de nenos cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia acompañados de Alba Barreiro. Destacan tamén os concertos acústicos na igrexa de santa María A Nova. Dende o concello destacaron o gran traballo de organización, especialmente por parte de Rodrigo Romaní, para poder contar con referentes musicais de primeiro nivel. O concelleiro agradeceu ademais a axuda da Deputación da Coruña que este ano permitiu dobrar o orzamento destinado a este festival.
Inicio NOIA