RIBEIRA> O concello de Ribeira precisa da solicitude dun crédito para licitar as obras do futuro auditorio. O proxecto, financiado con fondos europeos, suporá un investimento dun millón de euros máis do previsto debido ós traballos de insonorización e climatización.
O importe para executar o novo auditorio de Ribeira ascende a tres millóns seiscentos mil euros. Esta contía, notablemente superior ós dous millóns e medio previstos inicialmente, obrigará a solicitar unha liña de crédito, necesaria para cumprir os prazos que establece a concesión de fondos europeos.
A previsión do executivo é licitar a obra a mediados de decembro co que os traballos podería dar comezo durante o primeiro semestre de 2020.
Se as obras avanzan ó ritmo previsto, o novo auditorio poderá estar operativo para o Nadal de 2021.