VILAGARCÍA > A policía nacional detivo a un veciño de Vilagarcía de Arousa que lle dera a droga a outro veciño de 15 anos. Éste vendeulla a un neno de 11, cuxos pais descubriron o sucedido e denunciaron o caso na comisaría.
Membros da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Vilagarcía detiveron a un veciño de 38 anos chamado Juan Ramón S.C. como presunto autor dun delito contra saúde pública. Ó parecer esta persoa deulle un trozo de haxix a un xoven de 15 anos coa condición de que lle dera 30 euros cando o vendera. E así o fixo, pero vendeullo a un neno de 11 anos cuxa familia se enterou e denunciou o caso. Trala investigación logrouse identificar ó detido que pasou a disposición do Xulgado de Garda de Vilagarcía que dispuxo a súa liberdade con cargos. Redacción Salnés