Os pais e nais da Unitaria de Aralde volven reclamar a cuberta do patio para protexer aos escolares

VILAGARCIA> As nais e pais do alumnado da unitaria de Aralde volven mobilizarse polo abandono que sofre a escola. Os proxenitores denuncian que a falla dunha cuberta obriga aos rapaces a mollarse e pon en risco as medidas anticovid. Culpan directamente ao alcalde de Vilagarcía por non cumprir coa súa promesa.

Os anos pasan, o alumnado cambia pero a escola de Aralde continúa sen ter unha cuberta. Un ano máis os pais e nais dos escolares volven a mobilizarse para reclamar ao concello que comece a obra. Ás protestas tamén se suman os avós, que no seu día xa reclamaron a cuberta para os seus fillos e agora o fan para os seus netos.

Os pais e nais aseguran estar moi contentos coa escola unitaria e as súas medidas anticovid, pero denuncia que a falta da cuberta por en risco o protocolo sanitario.

Os proxenitores culpan directamente ao alcalde, sons conscientes de que non é a súa competencia pero pídenlle que cumpra coa súa promesa.

As protestas dos pais e nais de Aralde chegou ao pleno municipal da man de Marea da vila. Dende o goberno aseguraron que manteñen o compromiso e que están a piques de concluír a súa tramitación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí